O mellor Belén do mundo mundial.

Os meus alumnos sempre me sorprenden . Os nenos e nenas de 3º por iniciativa deles fixeron un Belén no patio do colexio. Atoparon o sitio que lles pareceu máis axeitado.Trouxeron unhas figuras de plastilina da casa e unhas caixas de cartón para os agasallos dos Reis Magos. Despois eu fixenlles o vídeo. Non é o mellor Belén que podedes ver, nin a historia está perfecta, pero para eles e para esta profe é o mellor Belén do Mundo Mundial.